A Fish Called Wanda ★★½

Non chega ás obras mestras dos Monty Python, pero A fish called Wanda é unha comedia notable que mantén o espírito dos xenios británicos, humor para non todos os gustos pero que se consegues conectar con el, vas a pasar unha hora e media divertidísima; película con mais gags por secuencia dos que o espectador é capaz de asimilar.
A destacar as sempre brillantes actuacións dos ex-Monty Pyton, un chanzo por debaixo dos seus clásicos pero aínda así recomendable se che gusta este tipo de humor.